Os guineanos festexan este venres que en 1968 deixaron de ser unha colonia española.
O 12 de outubro de 1968, unha outra das múltiples colonias do Imperio Español conseguía a súa independencia. Guinea Ecuatorial está de festa; concretamente de Festa Nacional. Xa son 39 anos de goberno soberano, despois de que o Estado Español ocupase as súas terras durante 83.
En 1926, reunifícanse os territorios insular e continental baixo o nome de Guinea Española. En marzo de 1968, logo da presión dos nacionalistas e das Nacións Unidas, Madrid cede e anuncia a concesión da independencia. Estabelécese entón unha Asemblea Constituínte que elabora unha lei electoral e un borrador de Carta Magna.
O 11 de agosto, baixo un equipo de observadores da ONU, levase a cabo un referendo sobre a constitución, respaldada polo 63% do electorado. Finalmente, o 12 de outubro, tras un acto institucional en que participa o ministro Manuel Fraga Iribarne, Guinea Ecuatorial emancípase e convértese en República. Co amparo do ditador Francisco Franco Bahamonde, o goberno cae en mans de Francisco Macías.