Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
DISCUSIÓN NO BLOGMILLO

É a campaña do Gadis un plaxio?

Trinta mil visitas confirman o éxito na rede de 'Vivamos como galegos' , anuncio moi similar a varios 'spots' de cervexas arxentinas e canadenses

Manuel Vilas - 12:25 09/10/2007
M. Conde, director da axencia que fixo o anuncio

M. Conde, director da axencia que fixo o anuncio

Triunfa na rede pero tamén esperta sospeitas sobre a súa orixinalidade. 'Vivamos como galegos' -a campaña de Gadisa para captar clientes mediante os tópicos da cultura galega- está a suscitar un animado debate no blogmillo.

Así en Chuza! -o portal de referencia da rede social do país- sinálanse as similitudes con 'Son canadense', un anuncio dunha cervexa de Canadá, Molson, que destaca as diferenzas culturais e lingüísticas cos estadounidenses.

En Menéame -o equivalente estatal de Chuza!- os internautas denuncian o suposto parecido co anuncio doutra cervexa, a arxentina Scheneider. Neste caso, os publicistas non apelan o sentimento de nación, senón a individualidade. Scheneider válese de evidentes referencias a unha das escenas máis famosas do filme Braveheart, o discurso de Mel Gibson antes dunha das batallas.

Este mesmo recurso é empregado por Gadis, malia que o seu director de marketing, Antonio Cortés, o negase nesta entrevista con Vieiros.

O publicista aposta por unha “marca-país”
Gadis encargou a realización da campaña á axencia coruñesa BAP&Conde. O seu director, Miguel Conde Lobato, defende a creación do Banco de Capital Simbólico de Galicia, que axude a vender os produtos galegos. “Cómpre crear unha marca-país; se non hai un icona, una imaxe, non hai país” explica o publicista nunha recente entrevista en El País.

Batendo records de visitas
Plaxio ou simple 'inspiración', o certo é que a realización de BAP&Conde para Gadis segue a sumar impactos na rede. No Youtube xa se subiron sete copias do 'spot', que entre todas suman unhas 15.000 visitas. Ademais as estatíticas do 'microsite' da campaña xa apañou outras 15.000 visitas.

É dicir, copia ou non, o anuncio foi visto unhas 30.000 veces a través de internet, un éxito publicitario.


4,55/5 (20 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: