Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito con Reganosa

O goberno italiano anula un proxecto de regasificadora similar á de Mugardos

Suspende o decreto que autorizaba á británica BG Group a construír unha planta no Concello de Brindisi, rexeitada por ecoloxistas e veciños.

Redacción - 12:15 08/10/2007

O Ministerio de Ambiente italiano anunciou esta fin de semana que, en concordancia co Ministerio de Desenvolvemento Económico, vai suspender a autorización á compañía británica BG Group para instalar unha regasificadora no Concello de Brindisi, no sur de Italia, segundo informa a axencia de noticias Reuters.

BG Group, que sempre alegou contar con todas as autorizacións e requirimentos legais necesarios para o proxecto -valorado en 500 millóns de euros, e cun volume de 8.000 millóns de metros cúbicos anuais-, non comentou polo momento a decisión gobernamental.

Este permaneceu bloqueado durante anos pola oposición de ecoloxistas, veciños e políticos locais, que consideraban a planta contaminante e perigosa para a saúde, malia o apoio dos gobernos italiano e británico.

O pasado mes de marzo, o ministro do Ambiente italiano solicitou a suspensión do decreto de 2003 que autorizaba o proxecto. No cerne da derrogación están o incumprimento de directivas europeas, así como varios procesos xudiciais por sospeitas de suborno.


Ligazóns

5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: