 
 
Previa ao próximo 11 de outubro, cando se farán 40 anos da morte do Che, Vigo acolleu actos de Nós-UP dedicados ao internacionalismo.
O acto central tivo lugar en Vigo, diante da estatua de Simón Bolívar, e aló estivo entre outros Mauricio Castro, voceiro nacional da organización. NÓS-Unidade Popular pretendeu con esta convocatoria facerlle un homenaxe a "todos aqueles compatriotas que contribuíron para loitar por un mundo mellor en calquera parte do planeta".   
  "Che Guevara, que representa o paradigma do combatente internacionalista pola liberdade nacional e a xustiza social, afirmou en 1965 que o exercicio do internacionalismo proletario non só é un deber dos pobos que loitan por asegurar un futuro mellor, é unha necesidade insoslaiábel", afirma o manifesto para o Día da Galiza Combatente publicado pola formación.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto