Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Agresivo discurso contra as linguas propias

Rajoy lexislará para privilexiar o español fronte ao galego nas escolas

Presión contra galego, catalán e éuscaro e supresión de Educación para a Cidadanía son de momento as únicas prioridades do líder do PP en materia educativa.

Redacción - 09:30 06/10/2007

Non está claro como se podería explicitar a lei que Mariano Rajoy prometeu este venres en Vigo que deseñará se consegue o poder o próximo mes de marzo. De visita en Galiza e malia a súa propia condición de galego, ensaiou o candidato do PP un debate afastado da realidade. Así, Rajoy pareceu coincidir coa paradoxal análise que os populares, entregados á causa dos minoritarios colectivos que se mobilizan contra a lingua, defenden desde hai apenas uns meses sobre a situación do galego nas escolas do país.

Falou Rajoy durante a súa intervención na conferencia organizada polo Club Faro de Vigo da suposta necesidade de que se promova desde o goberno español unha norma que garanta "o dereito a usar o castelán" no ámbito da comunidade escolar. De seguido dixo non aceptar "manipulacións" respecto da cuestión lingüística e afirmou que "non se trata de non falar noutras linguas, senón de garantir que se poida usar o castelán en todo o territorio". Opinou Mariano Rajoy a continuación que o debate sobre o uso da lingua "é un problema de liberdade que esixe un posicionamento por parte do Goberno" e denunciou o suposto "nacionalismo obrigatorio e a cultura única que está arrinconando o castelán".


2/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: