Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mobilización en todo o Estado

A mocidade berra este sábado por unha "vivenda digna"

"Non vas ter casa na túa puta vida" é o lema das concentracións convocadas diante das casas do concello.

Redacción - 09:30 06/10/2007



A vivenda máis cara do mundo en relación aos soldos dos cidadáns. Así se laian desde o portal Vdevivenda, desde hai meses un dos puntos de encontro na rede para a organización de actividades e a convocatoria de mobilizacións en denuncia da situación: "a ameaza da especulación descontrolada cun ben de primeira necesidade como é a vivenda".
Coa optimista convicción de que as cousas poden cambiar a través do esforzo e a presión colectiva, diversas plataformas atoparon en internet a canle axeitada para desenvolver unha vizosa actividade que contribuíu a que o problema apareza nos últimos tempos con moita frecuencia nas axendas políticas.
Un dos puntos máis activos en Galiza en apoio deste tipo de reivindicacións ten sido Ourense, desde onde se mantén a web Dereito ao teito. Ants do verán, numerosos colectivos xuntaron forzas na cidade das Burgas na convocatoria dun roteiro "anti-especulativo".
Este sábado 6 de outubro, a rede convoca así aos cidadáns a concentrárense en protesta pola situación diante de todas as casas do concello das principais cidades do Estado.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: