Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Industria retrúcalle a Fenosa

Na tarifa eléctrica: solidariedade non, xustiza

"Non pode ser que soportemos aeroxeneradores, encoros, térmicas e que os impostos se paguen en Madrid e os beneficios queden alí", dixo este xoves Fernando Blanco, conselleiro de Industria.

Redacción - 09:00 05/10/2007

"A solidariedade nótase aí e non con outras cousas", reflexionou esta quinta feira o conselleiro de Industria. Fernando Blanco indicou que os galegos teñen dereito a "percibiren os beneficios dunha enerxía, que entre outras cousas exportamos nun 40% ao resto do Estado".

As súas palabras viñan ao fío das declaracións do vicepresidente de Fenosa, Honorato López Isla, quen se opón ao canon aos encoros que prepara a Xunta. Sobre a ameaza de López Isla arredor da posíbel suba do prezo da electricidade por este motivo, Fernando Blanco opinou que no custo do recibo inflúen moitos outros factores e apuntou tamén ao respecto que o Ministerio de Industria, que é quen dispón de competencias relacionadas, "debe afrontar este prezo de xeito firme e claro para que todos saibamos cal é o custo preciso".


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: