 
 
Coa fin de implicar a veciñanza na protección do patrimonio, convocouse no Porriño esta votación. As escollas formarán parte dunha guía especial.
Até o próximo 14 de outubro os veciños do Concello do Porriño están convidados a escolleren entre os elementos máis destacados do seu patrimonio cultural e natural as que serán bautizadas como "As sete marabillas do Porriño".   
  
  Desde o Departamento de Normalización Lingüística do Concello, Xesús Ramilo e Gemma Álvarez argallaron unha iniciativa que pretende levar ao local os obxectivos cos que a nivel internacional a Unesco ou máis recentemente a empresa suíza New Open World Corporation, peneiran as marabillas do patrimonio do planeta. "A meta é implicar a sociedade no aprecio polo patrimonio cultural e natural propio, e impulsar o sentimento de orgullo e identidade cara os recursos salientábeis", explica Ramilo, "é á vez mirar polas cousas que ao longo do tempo se viron deterioradas e implicar os veciños na súa protección".   
  
  Cada persoa poderá votar o recuncho ou monumento que máis lle guste e deixar os seus datos nas urnas que se colocarán esta semana no centro da vila, en parroquias e en varios locais socioculturais. Participarán ademais nun sorteo de agasallos.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto