Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Intensas actividades após a Vuelta

O Concello de Teo homenaxeou a Ezequiel Mosquera

O alcalde e máis os edís do municipio en que naceu e vive o ciclista do KGZ fixéronlle unha homenaxe a un dos seus veciños máis internacional.

Redacción - 19:51 03/10/2007
Unha foto de familia de homenaxe a Mosquera no Concello de Teo

Unha foto de familia de homenaxe a Mosquera no Concello de Teo

Ezequiel Mosquera (Cacheiras, Teo, 1975) leva case toda a súa vida vivindo neste municipio coruñés, pegadiño a Compostela. Ten 31 anos, e hai relativamente ben pouco que se dedica a subir nunha bici. Hai apenas unhas semanas quedou quinto na Vuelta a España, facendo unha das mellores actuacións dun ciclista galego despois de Álvaro Pino e os irmáns Delio, Emilio e Manuel Rodríguez.

Na tarde da terza feira o Concello de Teo quixo facerlle unha homenaxe á que, ademais dos membros da corporación municipal, asistiron amigos e familiares de Mosquera. O ciclista entregoulle ao alcalde, Martiño Noriega (BNG), unha camisola do KGZ, das que levou durante a Vuelta, asinada. O alcalde agasalloulle o volume de conmemoración da exposición 120 anos de Ciclismo Galego, organizada pola Consellaría de Cultura e Deporte.

O ciclista, aínda que un chisquiño canso polas múltiplas actividades que leva feito desde que terminou a Vuelta, amosouse moi contento do recoñecemento dos seus veciños.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Ezequiel Mosquera entrégalle a camisola a Martiño Noriega, alcalde de Teo
Ezequiel Mosquera entrégalle a camisola a Martiño Noriega, alcalde de Teo
Mosquera asinando no libro de '120 anos de ciclismo galego'
Mosquera asinando no libro de '120 anos de ciclismo galego'