Chegou a Vieiros a reclamación da creación dunha Asociación Galega de Fútbol de Mesa. Velaquí vos amosamos o que nos enviou un mozo galego residente en Valencia: a súa propia selección particular.
Figuritas Galiza é o nome que escolleu Santiago Rodríguez Escudero, un mozo galego que vive en Valencia, para bautizar a súa pequena selección de figuriñas de fútbol de mesa, que ademais vestiu coas cores da selección galega e unha pegada publicitaria por riba.
Rodríguez Escudero reclama unha Asociación Galega de Fútbol de Mesa e envíanos dúas imaxes das súas figuriñas, para darlle pulo á iniciativa e procurar adeptos aos seu plan.
Velaquí vos amosamos as imaxes de Figuritas Galiza, tiradas por Santiago Rodríguez Escudero.