Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Liderará a lista de Rusia Unida

Putin aspira a manter o control en Rusia desde o cargo de primeiro ministro

A actual Constitución impídelle a Vladimir Putin presentarse á reelección para a presidencia.

Redacción - 09:00 02/10/2007

Especulouse durante un tempo coa posíbel vontade de Vladimir Putin de impulsar unha reforma constitucional que eliminase a cancela para a súa reelección por un terceiro mandato consecutivo como presidente de Rusia.

Pero finalmente, o político que move os fíos do país optou por outro plan para seguir protagonizando a vida política de Rusia. Así, esta semana confírmase que será cabeza de lista da formación Rusia Unida nas eleccións para a Duma, a cámara baixa, que se celebrarán o 2 de decembro. Putin competirá así por converterse en primeiro ministro. Queda por ver quen será o escollido para relevalo na presidencia, candidatos entre os que abrolla o nome do que actualmente é o propio primeiro ministro, Víktor Zubkov, hoxe de recoñecida lealdade a Putin.

Desde a coalición opositora Outra Rusia, denuncian estes días os presuntos obstáculos "administrativos e legais" cos que o goberno Putin trata de evitar que poidan acudir a estas eleccións lexislativas, onde os agoiros falan doutra ampla vitoria para Putin. Outr Rusia escolleu esta fin de semana o ex campión de xadrez Garry Kasparov como candidato a presidente para os comicios presidenciais que deberán ter lugar o vindeiro mes de marzo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: