Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Gran proxecto urbanístico asociado ós rañaceos

As torres xemelgas de 32 plantas anunciadas a semana pasada son a punta do "iceberg". O plan parcial de Someso complétase con dezaoito edificios de 16 andares e unha grande área de ocio.

- 11:10 18/03/1999
Tags:

Unha grande área de cine con tendas e cines, ademáis de dezaoito edificios de dezaseis plantas, completará a urbanización na que se levantarán as dúas torres máis altas da cidade, de 32 andares, segundo o proxecto elaborado para o plan parcial de Someso, na zona entre o Campus de Elviña e o Coliseo.

Os edificios distribuiranse en catro zonas, que estarán conectadas entre sí por pontes peonais. A maqueta do proxecto, na que figura un apeadeiro de metro lixeiro para dar servicio ó campus, presentouse na exposición que sobre a cidade se celebra na Estación Marítima.

As torres máis altas terán unha estructura cilíndrica, aínda que a forma aínda por definir. Levantaranse detrás do novo acceso a POCOMACO, e poderase acceder a elas a través da futura avenida da Universidade.

As torres terán entre 190 e 200 vivendas, das cales o 20% estarán protexidas. Coa construcción en vertical liberaranse grandes espacios para xardíns e viais interiores. O proxecto plantexa a cesión de 13.000 metros cadrados de superficie para dotación cultural ou educativa nunha parcela próxima ó instituto de Someso.

A estética das torres xemelgas definirase mediante un concurso internacional, e preténdese que nas terrazas dos dous rañaceos haxa heliportos.

As obras comezarán este ano se o plan supera tódolos trámites.

Roberto Catoira


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: