Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NINGUÉN REIVINDICOU AÍNDA A ACCIÓN

A Garda Civil segue sen achegar datos sobre a autoría do atentado de Mugardos

Desminte que os independentistas de Resistencia Galega sexan os únicos sospeitosos e confirman a composición do explosivo.

M.V. - 10:01 28/09/2007

Voceiros oficiais da Garda Civil desmentiron este venres que se culpe a Resistencia Galega do último atentado en Mugardos, a 500 metros da polémica planta de Reganosa. A Garda Civil négase polo agora a falar sobre a autoría da bomba, xa que sería “contraproducente” para a investigación.

Fontes institucionais sinalan que aínda non hai un “sospeitoso principal” da explosión.
O que si confirma o corpo armado é a composición do artefacto: pólvora de feira mesturada con outras substancias, que se poden atopar nos comercios.

Non se trata dun explosivo industrial” indican os voceiros oficiais, que defenden que os Equipos de Desactivación de Explosivos (EDEX) seguen analizando o artefacto que rebentou un colector de cristal na madrugada do martes.

RG si revindicou pasadas accións
Polo de agora ningún grupo ou colectivo reivindicou o atentado nas inmediacións da planta de gas. Resistencia Galega si reclamou a autoría de de tres bombas este ano, colocadas no Polígono do Ceao en Lugo, nunha urbanización en Cangas e na sede do PSdG en Nigrán.

Por riba do dereito de información
Sobre cando se coñecerá a principal hipótese de traballo, voceiros da Garda Civil explican que “para nós, por riba do dereito dos cidadáns a ter información, está a nosa obriga de non prexudicar a investigación”.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: