Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CLASIFICACIÓN DE PORTÁTILES E SOBREMESAS

Apple é a mellor marca de computadores e IBM a peor

Segundo unha enquisa entre 4.000 usuarios realizada pola OCU e outras tres organizacións de consumidores de Portugal, Italia e Bélxica

Redacción - 11:10 26/09/2007
O 'Mac Pro' é o sobremesa máis caro de Apple

O 'Mac Pro' é o sobremesa máis caro de Apple

Boas noticias para os 'macqueiros'. Un estudio da Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) acaba de designar aos computadores de Apple como os máis fiábeis, tanto en portátiles como en ordenadores de sobremesa.

Os datos da enquisa proveñen dunha mostra de máis de 4.000 usuarios de Italia, Portugal, Bélxica e o Estado Español. A organización de consumidores Euroconsumers preguntoulles polo grado de satisfacción cos seus aparellos.

Clasificación por marcas

Na categoría de portátiles Apple apañou unha puntuación de 9,4. A continuación están os Sony (8,7), Asus (8,2) e Toshiba (8,1). Os peores son os HP (7,8), os Fujitsu (7,8) e os IBM (7,6).

Entre os ordenadores de mesa Apple volveu gañar cun 8,7; seguido de Fujitsu, PC Box e Medion, os tres con 8,3 puntos sobre 10. ADL (6,9) e, de novo, IBM (6,8) recibiron a peor valoración.

Os portátiles avaríanse menos
En todo caso “os portátiles son máis fiables que os computadores de mesa”, comenta a OCU. E é que a investigación descubriu que “incluso a marca de portátiles con maior número de averías en doce meses, Arsus, resulta máis fiable que a inmensa maioría dos computadores de sobremesa”.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: