Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Setenta anos agardando

Esixen que o Congreso lle recoñeza ao Levante unha copa que gañou en 1937

O clube de fútbol aínda non conseguiu que lle recoñezan a Copa da España Libre, que lle gañou en xullo de 1937 ao Valencia. Era a Copa do bando republicano.

Redacción - 11:20 25/09/2007
Imaxe da Copa de l'Espanya Lliure, o único título que aínda non se lle recoñeceu ao Levante

Imaxe da Copa de l'Espanya Lliure, o único título que aínda non se lle recoñeceu ao Levante

Naquela altura, cada ano, os mellores equipos da desaparecida Liga do Mediterráneo de Fútbol xogaban a Copa da España Libre (Copa de l'Espanya Lliure), con sede variábel entre Valencia e Cataluña. Eran os anos da Guerra Civil, e a Liga do Mediterráneo nacera para que a xogasen os equipos do lado republicano, -aínda non tomado polos franquistas-, que non participaban na liga española.

Ao parecer, no 37 o equipo que tiña que a disputar era o Barça, mais renunciou por ir xogar varios partidos aos EUA e a México. Daquela o Levante, que era quinto nesta liga, puido entrar no campionato e, finalmente, gañoulle a Copa ao Valencia. Setenta anos máis tarde, a RFEF non quere recoñecer este título, e tenta ignorar todo o relativo á Copa de l'Espanya Lliure de 1937.

O grupo parlamentario de Esquerda Unida no Congreso español vai presentar na terza feira unha proposición non de lei para que o goberno español recoñeza a oficialidade da Copa de l'Espanya Lliure que o Levante gañou, en xullo de 1937, que ademais é o único título que aínda non lle foi concedido ao clube valenciano.

Unha demanda xa vella dos levantinos
En decembro de 2004 os afeccionados do Levante comezaron a lle demandar ao grupo parlamentario de Esquerda Unida que lle presentase ao goberno español esta proposición non de lei que obriga ao secretario de estado para o Deporte e á RFEF a recoñecer a Copa como legal e oficial.

A deputada Isaura Navarro é a encargada de defender, na terza feira, o recoñecemento deste trofeo no Congreso.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: