O galego fixo unha magnífica etapa na que lle quitou 24 segundos a Efinkim. Para manterse, deberá rendibilizar eses segundos na contrarreloxo do sábado.
O galego entraba de 9º na 19ª etapa da Vuelta, nunha xornada con choivas, na que a estrada estivo en todo momento mollada. Esta etapa, que saía en Ávila e tiña a meta na cima do alto de Abantos, foi unha xornada eléctrica con 133 quilómetros e até 6 portos puntuábeis que noutros anos fixeron a moitos ciclistas gañar a rolda española.
A etapa gañouna Samuel Sánchez, seguido de Daniel Moreno e de Denis Menchov, pero o gran protagonista para os galegos foi Mosquera, que recuperou o quinto posto noutro día de bo ciclismo. Ao final o de Teo leva 24 segundos no peto, que lle poden valer para manterse o sábado na crono.
"Teño que dalo todo"
Isto pensou o corredor do KGZ cando comezaba a etapa 19 da rolda española. Sabía que era a última etapa na que corría no seu terreo, e sabía que "tiña que aproveitalo". Falando do corredor máis destacado nesta Vuelta, Denis Menchov, dixo que "Non pensei nin en saír a por él" do rápido que van.
Mosquera só pensaba en gañar segundos que levar á contrarreloxo xa que hai moitas posibilidades de que lle saia unha crono semellante á de etapa de Zaragoza, tendo tamén en conta que Efinkim, o seu inmediato perseguidor, non é coñecido por ser un bo contrarreloxista.
A contrarreloxo de Collado Villalba, no sábado, mantén a emoción na pelexa polo podio de Madrid, aínda que o liderato de Menchov parece fóra de toda dúbida.