O centro cultural vasco participa nas festas da Mercè cun intenso programa na Rambla do Raval.
A participación do Centro Cultural Euskal Etxea nas festas da Mercè, por segundo ano consecutivo, encherá a rúa central do barrio do Raval, como espazo monográfico, alén das ruadas que percorrerán as principais vías do centro histórico na fin de semana. A localización das actividades na Rambla do Raval, que o ano pasada foran na praza da Mercè, supón a confirmación da aposta da entidade vasca nas festas.
Ao longo dos tres días de festa, do 22 ao 24 de setembro, combínase a tradición, dende aurresku e txistularis, dantzaris, deportes vascos, obradoiros de txalaparta ou actuacións de música tradicional e folk; con espectáculos de maxia, teatro, un mercado de artesanía tradicional i gastronómica ou a proxección de audiovisuais.
En canto as actuacións musicais, destaca a noite do sábado o Concerto pola Paz, coa participación dos valencianos Verdcel, os cataláns La Carrau e o grupo vasco Betagarri; e o domingo a actuación do grupos folks Miel Otxin e Korrontzi, vidos de Navarra e de Biscaia. A tardiña do luns escoitarase batukada e txalaparta, da man do grupo vasco-barcelonés Txalambé, e o folk vasco de Itzalak.
O extenso programa vasco no marco do escaparate das festas da Mercè, que ofrece unha ampla mostra da cultura de Euskal Herria no centro capital catalá, podería causar envexa en outras comunidades asentadas en Barcelona.