A festa anual da asociación galega de Badalona celébrase hogano o 14, 15 e 16 de setembro no Parc Turó d'en Caritg.
Con todos os ingredientes das festas populares galegas, na fin de semana pasaran polo parque badalonés o grupo galego Berrogüetto, a Orquestra Tropicana e a Charanga Apeles, todos vidos desde Galicia, canda os grupos folclóricos da entidade. Consulta aquí ou na web da Federación o programa completo.
---
X FESTA GALEGA AGARIMOS
14, 15 e 16 de setembro
Parc Turó d’en Caritg
Av/ Caritg - C/ Caritg
Badalona
Venres 14
A partir das 21 horas
- Apertura coa actuación da Banda de Gaitas, Grupo de Baile e Pandereteiras da Agrupación Cultural AGARIMOS. - Concerto do grupo de música Folk Galego BERROGÜETTO.
Sábado 15
A partir das 12 horas
- VIII Concurso Infantil de Debuxo
- Actuación dos Grupos Folclóricos
- Xantar de autoridades e invitados
A partir das 17:30 horas
- Nova actuación dos Grupos Folclóricos
- Sesión de baile a cargo da orquestra procedente de Galicia TROPICANA e de La Charanga APELES.
- Solemne ritual do ESCONXURO DA QUEIMADA polo Mestre queimador ourensán Franco.
- Degustación gratuíta da queimada e Gran Verbena Rachada ata altas horas da madrugada.
Domingo 16
A partir das 11:30 horas
- Actuación dos Grupos Folclóricos
- Misa Campestre oficiada en galego
- Xantar de Socios
A partir das 17:30 horas
- Actuación dos Grupos Folclóricos
- Entrega de premios galardoados do VIII Concurso Infantil de Debuxo
- Fin de Festa a cargo da orquestra procedente de Galicia TROPICANA.