Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
IFA BERLÍN 2007

A Feira de Electrónica de Consumo Europea pecha con éxito as súas portas

O televisor de alta definición converteuse na prioridade das casas do sector multimedia

Redacción - 11:28 05/09/2007

Axencias, empresas e expositores de todo o mundo, reuníronse esta semana en Berlín para presentar os novos avances en computadores e a súa competencia coas televisións na Feira de Electrónica de Consumo (IFA).

Empresas como Hewlett Packard e Fujitsu-Siemens pretenden incursionar nun novo mercado onde os televisores e equipos de son serán substituídos por sistemas de cómputo.

A dura competencia entre televisores e computadores fíxose evidente na IFA, que será clausurada hoxe e que pretende deixar en claro que os ordenadores seguirán evolucionando.

O centro das innovacións deste ano foi a crecente adopción dos medios de alta definición. Por iso un gran número de televisores de 2007 levou o símbolo de calidade Full HD, indicando que poden ofrecer os mellores niveis posibles de alta definición cunha resolución de 1080 liñas.

Mentres que en España aínda colea o proceso polo que se quere converter en masiva a recepción da televisión dixital terrestre (TDT), asegurando que o chamado apagamento dixital sexa un realidade no 2010, a industria mundial dos aparellos e contidos multimedia leva envorcada durante os dous últimos anos sobre o proxecto de desenvolvemento da televisión de alta definición con todas as súas consecuencias.

Este estándar, que multiplica por dous a resolución dos actuais televisores, volveuse revelar como a grande aposta do sector na feira da electrónica IFA, considerada como o máis importante foro deste sector en Europa.

Todas as grandes firmas de fabricación de equipos de televisión, Sony, Philips, Samsung, LG, envorcáronse na presentación de novos modelos de gran formato en alta definición con espectaculares pantallas planas de LCD, con sintonizador de TDT integrado.

Como elementos comúns a esta clase de aparellos incorpóranse conexións a todo tipo de dispositivos, como cámaras de fotos dixitais, reprodutores de música MP3 e MP4, ou sistemas de almacenamento masivo de datos, como discos duros externos e lapis USB, co que esta nova xeración de monitores convértese nunha clara alternativa ou nunha forte competidora aos computadores.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: