Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TRES PRAZAS DE PREFERENCIA A 1.500 EUROS

O concello de Mondoñedo pagaba abonos do Dépor con cartos públicos

Unha carta remitida polo club proba que se trataba dunha práctica habitual no mandato do anterior alcalde, Luis Rego, actual membro da Executiva do PPdG

Redacción - 09:27 22/08/2007
O ex-alcalde Luis Rego / Foto: PP de Mondoñedo

O ex-alcalde Luis Rego / Foto: PP de Mondoñedo

Máis de 1.500 euros de cartos públicos. Esta era a cantidade que o anterior equipo de goberno do Concello Mondoñedo gastaba en tres abonos na tribuna de preferencia para ver ao Deportivo da Coruña. Así o revela unha carta publicada no portal Mindoniense.com.

Na misiva os responsábeis do club de fútbol diríxense ao alcalde informándolle que “ao igual que en anos anteriores, enviamos os carnés anuais correspondentes á actual tempada”. Na carta, datada o 6 de agosto,o Depor tamén indica ao alcalde que “en breve faremos chegar a correspondente factura”.

Rego é membro da Executiva do PPdG
Cómpre lembrar que, antes das eleccións locais, o municipio estaba nas mans dun alcalde do Partido Popular, Luis Rego. Segundo se deduce da carta, o equipo de Rego usaba fondos públicos para pagar as entradas aos partidos de fútbol. Rego é na actualidade membro da Executiva do Partido Popular de Galicia.

Os conservadores perderon a alcaldía o 27 de maio, cando accedeu ao poder un alcalde nacionalista, Orlando González, en coalición co PSdG.


5/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: