Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SEGUNDO UNHA DENUNCIA DE SYMANTEC

Roubados datos persoais de centos de miles de usuarios dun portal de emprego

Grave ataque informático contra Monster.com. Os ciberladróns accederon a datos como correo electrónico e número de teléfono dos usuarios.

Redacción - 14:41 21/08/2007

Un dos principais portais de busca de emprego pola rede, Monster.com, acaba de sufrir un grave ataque informático. Datos persoais de centos de miles de persoas foron roubados, segundo descubriu a firma de seguridade Symantec.

Os ciberladróns conseguiron as contrasinais de acceso que usan algunhas empresas para entrar na area reservada do portal e buscar traballadores. Entre os datos roubados figuran correos electrónicos, números de teléfonos e domicilios.

Symantec asegura que a maioría dos afectados proceden dos Estados Unidos. Moitos deles xa comezaron a recibir spam nas súas contas de correo electrónicos, roubadas polos 'deliquentes virtuais'.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: