A planta de Fenosa en Sabón segue en probas de funcionamento malia non contar co permiso municipal necesario.
"Está claro que fai falta garantir a seguridade da poboación, de feito, este é o obxectivo da autorización e non contar con ela Unión Fenosa está a poñer en perigo á poboación que vive preto da térmica e a persoas que circulen pola estrada de acceso á praia de Sabón". Así o expoñen os veciños, organizados na Plataforma pola Eliminación de Liñas de Alta Tensión de Oseiro.
Lembran que é precisa unha autorización do Concello de Aretixo para a realización desas probas, ademais da presencia de técnicos municipais, requirimentos que non tería atendido a empresa, que funciona en probas desde hai xa vinte días. Recordan que aos poucos días de poñerse en marcha, unha forte explosión xa causou a alarma entre a veciñanza. Por este motivo, piden a actuación da policía local para paralizar a situación de "impunidade" coa que traballa a térmica.