Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En resposta ás críticas a Fomento

"Os desaguisados do PP resólveos a Xunta actual", retrúcalle Rego ao PPdeG

"A herdanza do PP en infraestruturas en Galiza resúmese nas trampas mortais nas que se converteron as vías rápidas", subliña Ismael Rego, voceiro parlamentario do PSdeG.

Redacción - 09:30 19/08/2007

"Non fai tanto, o PP tiña un ministro que mantiña os investimentos moi por debaixo dos actuais e que esquecía Galiza sempre que tiña ocasión", expresou o deputado socialista Ismael Rego este sábado ao tempo que cualificaba por este motivo de "cínicas" as denuncias do secretario xeral do PPdeG, Afonso Rueda, en materia de infraestruturas.

O voceiro parlamentario do PSdeG opinou que o actual Goberno está resolvendo as eivas deixadas polo PP en materia de infraestruturas en Galiza e valorou positivamente os compromisos do ministerio de Fomento co país. Ismael Rego destacou que o executivo preocúpase agora por "levantar peaxes" ou mellorar as vías. "O PP agasallaba con medallas os ministros que esquecían Galiza e enchían de fuel as costas", criticou en lembranza de Francisco Álvarez Cascos, ex ministro de Fomento durante o goberno Aznar.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: