Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
AS TENDAS SON AS QUE VENDEN MÁIS PRODUTOS FALSOS

Microsoft é a marca máis falsificada

A maioría das falsificacións son películas, música e software; segundo datos do Ministerio de Interior

Redacción - 10:33 17/08/2007

O Ministerio de Interior acaba de publicar a clasificación de falsificacións máis incautadas pola Policía no que vai de ano. Os produtos do xigante informático Microsoft son os máis falsificados, cun 4,92% do total de incautacións.

Outras marcas informáticas que están entre os 25 máis falsificados son Adobe, Symantec, Autodesk e Macromedia. Os fabricantes de productos de luxo (como Gucci e Louis Vuitton) e de roupa (Adidas e Nike) tamén figuran entre os máis prexudicados.

Un dato curioso é que os postos de venda na rúa non son os lugares nos que a Policía apañou máis produtos falsos. Sorprendente, son as tendas 'normais' as que venden produtos falsificados máis a miúdo.

A Policía incautou no que vai de ano produtos falsos por máis de 158 millóns de euros, un 64% ítems relacionados coa industria cultural. E é que películas, música e programas informáticos son os bens nos que se produce máis fraude.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: