Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Paralela á declaración de Patrimonio da Humanidade

Adega solicita a figura de Parque Natural para a Ribeira Sacra

ADEGA solicitará no vindeiro Consello Galego de Medio Ambiente a creación dun Parque Natural na Ribeira Sacra. Considera que esa figura de Parque Natural é a máis acaída para a protección da natureza e para o desenvolvemento do “turismo sustentábel”.

Redacción - 10:00 15/08/2007

A asociación ecoloxista considera que a declaración de Parque Natural para a Ribeira Sacra resulta compatíbel coa proposta realizada para a súa declaración como Patrimonio da Humanidade. Deste xeito a figura de Parque Natural pode axudar en gran medida á consecución do Patrimonio da Humanidade. ADEGA asegura que as vantaxes que proporciona a consecución destas dúas posibilidades serán enormemente beneficiosas para o desenvolvemento turístico e mais para a obtención de axudas económicas co obxecto de fomentar a conservación tanto do medio natural como dos bens culturais.

Máis información en Canal Verde.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: