Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Balance do primeiro ano de "Quérote"

Dez consultas por día no centro compostelán de asesoramento afectivo-sexual

Foron un total de 2.423 consultas no primeiro ano de vida do centro, a maioría realizadas por mulleres de entre 16 e 25 anos. Os métodos anticonceptivos suman a maior parte das preguntas.

Redacción - 09:30 13/08/2007

Destaca o elevado número de consultas realizadas a través de internet, aproveitando a web do centro Quérote. Así, un total de 1.601 preguntas chegaron vía internet, mentres 375 se facían a través do teléfono e 447 de modo presencial.

Segundo os datos de Vicepresidencia, o Centro de Asesoramento Afectivo-sexual Quérote de Santiago, o 68% das 2.423 consultas recibidas neste primeiro ano de vida foron feitas por mulleres de entre 16 e 25 anos. No caso das consultas en liña a maioría referíanse a sexualidade e prácticas sexuais, mentres que as consultas presenciais trataban a maioría das veces sobre métodos anticonceptivos. Tamén destacan desde o centro a realización de actividades formativas sobre educación afectivo-sexual en trinta centros de ensino.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: