O xulgado de Castropol prohibiu o desenterramento dos integrantes do Batallón Galicia que ía realizar a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.
Imaxe do Comandante José Moreno Torres
Sen dar moitas explicacións, o Xulgado de Instrución núm.1 de Castropol, na comarca do Eo-Navia, prohibiu hoxe o comezo das escavacións dos galegos do Batallón Galicia, asasinados en 1937 na Fonsagrada, que foron enterrados nun foxo común, nunha aldea do concello do lado, de Grandas de Salime.
Segundo informou a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, a ARMH, é a primeira vez que isto acontece, tras realizaren á volta de 90 exhumacións por todo o Estado "sen que até o de agora houbese ningún obstáculo". Por isto, a ARMH amosou a súa "estrañeza" por esta negativa, xa que estes traballos teñen subvencións do Ministerio de Presidencia do goberno español.
O desenterramento ía facerse o sábado
Dous membros da ARMH foron a sexta feira a Castropol para comunicar o comezo dos traballos de exhumación da foxa común en Grandas de Salime, e daquela foi cando recibiron a negativa dos Xulgados da vila.
Na foxa común están soterrados os restos do Comandante Moreno, do Batallón Galicia, xunto cos seus homes, uns 14 máis, que foron asasinados por membros da Falanxe e por varios gardas civís en la que se atopan los restos del comandante José Moreno y varias persoas en outubro de 1937, cando a fronte asturiana caía nas mans dos fascistas.
Nos traballos de desenterramento ían participar catro arqueólogos, dúas persoas da ONG Psicólogos Sen Fronteiras e varios voluntarios.