A descuberta, publicada na revista Science, poderá empregarse para medir a capacidade de resistencia a tratamentos e antibióticos, tamén na loita contra o cancro.
Totalmente financiado e realizado en Portugal, este estudo empregou unha técnica para identificar as mutacións das bacterias que lles confiren vantaxes en termos da capacidade de resistencia, concluíndo que estes organismos "teñen un potencial adaptativo extraordinariamente elevado".
As catro investigadoras portuguesas, Isabel Gordo, Lília Perfeito, Lisete Fernandes e Catarina Mota, do Instituto Gulbenkian de Ciência, fixeron, con este estudo, unha contribución "substancial para a comprensión dun problema central na teoría da evolución", e ten, segundo a responsábel do proxecto, Isabel Gordo, "implicacións importantes a nivel da saúde pública, nomeadamente na resistencia a antibióticos e medicamentos".
A descuberta pode "servir de alerta": vai ser máis difícil controlar as bacterias do que se cría
Este estudo pode contribuír positivamente nas investigacións relacionadas co cancro, xa que percibir o proceso adaptativo dos organismos axuda tamén a comprender o proceso de mutación e a rapidez coa que ocorre nas células.
A investigación fíxose coa E. coli, unha bactéria de laboratorio que se encontra no organismo humano, tendo sido analizadas mil xeracións delas.