Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Camiño aberto á renovación liderada por Barreiro

O PPdeG lugués pasa páxina e Cacharro perde o apoio municipal

O espernexe do ex presidente da Deputación de Lugo non vai acompañado de apoios desde algúns dos seus fortíns tradicionais.

Redacción - 09:30 09/08/2007

Mentres Francisco Cacharro dispara desde os medios de comunicación contra a dirección do PPdeG e especula coa súa posíbel saída do partido e mesmo coa presunta entrada noutra formación política, os rexedores que o PPdeG mantén na provincia afástanse cada vez máis del. Ao tempo, o presidente provincial dos populares, Xosé Manuel Barreiro, quen deixou recentemente o seu escano no Parlamento para liderar a oposición na Deputación de Lugo e ao tempo pilotar a renovación do PPdeG lugués, convida a Cacharro a deixar o Partido Popular.

Varios alcaldes convidan a Cacharro a marchar
"Son impresentábeis e imperdoábeis", asegurou para Europa Press o alcalde de Quiroga e ex vicepresidente da Deputación de Lugo, Xulio Álvarez, sobre as recentes declaracións de Francisco Cacharro. "Non está ben que faga declaracións que non veñen a conto", asegurou ao tempo que instaba a Cacharro a "falar dentro dos órganos do partido e non a través dos medios de comunicación". "Os destinos políticos cambian de rumbos", comentou Álvarez, pedíndolle a Cacharro que "cale" e "sexa fiel" ao partido.

Outro vello aliado no sur da provincia, Xesús Ramos, alcalde de Taboada, chamouno a "aceptar" os resultados dos órganos do partido e esixiulle que "remate con este tipo de declaracións". "Paréceme moi desafortunado o que fixo e non procede", expresou Ramos, "xa durante o período electoral dixo algunha cousa que prexudicou ao partido e non podemos compartir o que fai", indicou. "Non favorece en absoluto ao partido e non é bo para nós", dixo ao respecto Antonio Muiña, alcalde de Friol e tamén ex vicepresidente da deputación.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: