Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Festival On&Off

A toda mecha: "O resultado"

No Youtube pódese ver xa unha das pezas gravadas durante o concurso de "curtas exprés" organizado en Ribadeo a pasada semana.

Redacción - 12:30 08/08/2007



Sen Escrúpulos, de Carlos Seijo, foi a creación gañadora do concurso A Toda Mecha. Á espera de poder vela en rede, convidámoslles a ver Límite 12h, creación de Marcos Nine, brincadeira sobre o propio proceso de rodaxe-exprés que seica non chegou a tempo de rematarse antes do prazo fixado pola organización.

Na web do Festival On&Off poden ver tamén as curtametraxes realizadas durante a edición 2006: Marta, de Juan de O. ; Listillo, de Benito Eiroa; Pulgas, de Joao Rodicio; e 9 meses, de Javi Ramudo.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: