"Hai dúas nacións que iniciaron formalmente o proceso de reforma da Comisión Bilateral, Cataluña e Galiza", salientou Antón Losada.
O secretario xeral de Relacións Institucionais recoñeceu o lento avance das negociacións co goberno español no proceso de traspasos competenciais, e dixo ser máis optimista cara ao futuro. "Madrid ten a palabra", comentou, lembrando que desde a Vicepresidencia da Xunta xa se solicitou formalmente a reunión da comisión bilateral para unha nova rolda negociadora arredor das sete competencias fixadas como prioritarias.
Así, o secretario xeral de Relacións Institucionais referiuse non só ás arelas competencias concretas senón tamén ao propio proceso de reforma da Comisión Bilateral en si. "Agora é fundamentalmente un órgano que se reúne para resolver problemas de ámbito competencial, e queremos convertela nun verdadeiro órgano de relación bilateral entre o Goberno do Estado e o Goberno de Galiza", dixo. "Hai que educar a Madrid no respecto a Galiza", subliñou.