Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Foi usada após o 11-M para a identificación xenética

Unha ferramenta bioinformática da USC será de acceso libre no outono

Esta ferramenta empregouse para identificar xeneticamente os mortos do atentado do 11-M. A partir de outubro, todo o mundo poderá empregala.

Redacción - 17:14 06/08/2007
Logo do departamento de análises da USC

Logo do departamento de análises da USC

Este instrumento foi elaborado polo equipo de bioinformática do Departamento de Análise Matemática da USC. Agora, os mesmos creadores desta ferramenta, están traballando, en colaboración co Instituto de Medicina Legal, nunha nova versión.

Os mesmos que coñeceron por dentro o rodaballo
O mesmo equipo tamén desenvolveu unha outra ferramenta bioinformática que se empregou na construción do mapa xenético do rodaballo, realizado polo grupo de investigación de Xenética e Aplicacións en Clínica, Mellora e Conservación da USC, que agora se emprega para conseguir reprodutores de rodaballo resistentes a certas enfermidades.

O equipo de bioinformática da USC
Está codirixido polos profesores José A. Álvarez Dios e Antonio Gómez Tato, e ten como principal obxectivo contribuír ao uso das matemáticas e a bioinformática nas investigacións xenómicas.

Ademais das investigacións que desenvolve, este equipo tamén ofrece servizos de análises de datos de tipo xenómico e fomenta a divulgación da bioinformática mediante a organización de cursos de verán, másters e cursos de doutorado.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Esta ferramenta empregouse na identificación xenética das vítimas do 11-M
Esta ferramenta empregouse na identificación xenética das vítimas do 11-M