Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Dende o pasado mes de abril

O Concello de Lugo conta cun millón de euros sen executar para o mantemento da muralla

Achegados pola Consellaría e o Ministerio de Cultura para diversas actuacións de restauración, intervencións arqueolóxicas e mantemento do monumento romano até 2009.

Redacción - 11:45 03/08/2007
Tags: Lugo muralla
'Populares' e nacionalistas denunciaron a desidia do concello no mantemento da Muralla

'Populares' e nacionalistas denunciaron a desidia do concello no mantemento da Muralla

O voceiro do BNG en Lugo, Xosé Anxo Laxe, responsabilizou este xoves ao concello do "estado de abandono" en que se atopa a Muralla romana. Laxe sinalou que o goberno municipal, que preside o socialista Xosé Clemente López Orozco, dispón desde o pasado mes de abril dun millón de euros para acometer traballos de mantemento e conservación do monumento, achegados pola Consellaría e o Ministerio de Cultura a partes iguais.

Neste senso revelou que ambos departamentos enviaron hai máis de tres meses ao alcalde de Lugo o borrador deste convenio, que aínda non recibiu resposta do concello, e afirmou, xa que logo, que estes fondos non foron executados pola "desidia" do goberno municipal do PSdeG.

O voceiro nacionalista realizou estas declaracións logo da polémica xurdida ao principio desta semana, respecto á conservación da muralla bimilenaria. O pasado luns, o PPdeG demandaba a posta en marcha de medidas de limpeza e xardinería, así como o coidado das zonas verdes e la instalación de papeleiras no adarve.

Criticas do concello á consellaría

Pola súa banda o concelleiro do Ambiente de Lugo, Lino González Dopeso respondeu ao día seguinte as acusacións dos populares, indicando que as peticións realizadas deberían ser trasladadas á Consellaría de Cultura, xa que o monumento non é responsabilidade do goberno municipal. Segundo Dopeso, o departamento que dirixe Ánxela Bugallo "non lle presta a atención que merece".

Xosé Anxo Laxe indicou que "das tres Administracións implicadas na conservación da Muralla, o estado de abandono actual do monumento é só achacábel ao Concello de Lugo, porque tanto o Ministerio como a Xunta cumpriron".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: