Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
"Amamentação na primeira hora, proteção sem demora"

O aleitamento pode evitar a morte de 7.000 bebés ao ano no Brasil

O país con maior número de bancos de leite materno do mundo -ten 197- perde cada ano 27.000 neonatos, cousa que se podería evitar dándolles o primeiro leite.

Redacción - 12:00 02/08/2007
O aleitamento evitaría a morte de 7 mil bebés ao ano

O aleitamento evitaría a morte de 7 mil bebés ao ano

Segundo o goberno brasileiro, o aleitamento pode evitar a morte de preto de 7 mil neonatos cada ano no país, en palabras do ministro da Saúde, José Gomes Temporão, que acaba de presentar unha campaña que, baixo o lema "Amamentação na primeira hora, proteção sem demora", quere chamar a atención sobre a importancia de darlles leite materno aos bebés, nas súas primeiras horas de vida.

7 mil mortes de crianzas poderían ser evitadas cada ano
O lema escolleuno a Alianza Mundial para a Acción no Aleitamento Materno (Waba, na sigla en inglés) para facer ver ás nais o necesario que é darlle o primeiro leite aos nenos, ás poucas horas de teren nacido. Segundo esta asociación, o primeiro leite, o colostro, é rico en anticorpos e o feito de aleitar ao neno acabado de nacer constitúe unha aproximación coa súa nai necesaria, nun momento de tanta fraxilidade do bebé.

Facendo isto, segundo o ministerio brasileiro da saúde, evitaríanse as 7 mil mortes que hai ao ano de neonatos no Brasil, segundo indican as estadísticas do goberno.

4 millóns de neonatos morren cada ano no mundo
Datos da Waba tamén mostran que, en todo o mundo, 4 millóns de bebés con menos dun mes de vida morren a cada ano, mais, co aleitamento na primeira hora, tras o parto, sería posíbel salvar, polo menos, 1 millón deles. No Brasil, o número de crianzas que morren antes de completar un mes chega a 27 mil por ano. Seguindo a proporción da Waba, a morte de máis de 6.700 delas podería ser evitada co aleitamento, xusto após o parto.

Neste sentido, para alertar as nais da importancia do primeiro leite, preto de 1 millón de pasquíns serán repartidos por todo o país, en hospitais, postos de saúde e bancos de leito humano -Brasil é o país con maior número deles no mundo. Neles, o goberno recomenda un período de 6 meses, como mínimo, de aleitamento dos meniños.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: