Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na metade da lexislatura

Entre o "cambio real" ou a "lexislatura perdida"

Entre esas dúas definicións se move a avaliación segundo se consulte con PSdeG e BNG ou os preguntados sexan os do PPdeG.

Europa Press - 09:30 30/07/2007

Chegado o ecuador do Goberno, os socios manteñen que os últimos 24 meses serviron para "poñer en marcha os instrumentos" nos que aspiran a sustentar o seu proxecto para Galiza, ao punto de que, segundo lle asegurou Emilio Pérez Touriño a Europa Press, "os mellores froitos están aínda por vir". Non obstante, para Feijoo, PSdeG e BNG dedicaron "dous terzos do tempo" que levan no poder a "regar as súas relacións", cando, ao seu xuízo, os dous primeiros exercicios de todo executivo deberían ser, precisamente, "os de máis impulso".

Non obstante, o mandatario autonómico reivindicou que o 19 de xuño os electores "expresaron o seu inequívoco desexo de cambio outorgándolle a súa confianza maioritaria" a un Goberno "progresista" e asegurou que, dende entón, a acción do seu gabinete "sintetízase na necesidade de crecer máis, pero, sobre todo, crecer mellor". Para iso, situou os problemas da cidadanía "no centro mesmo" da política a partir un importante esforzo presupostario en áreas como a educación e a sanidade, "que cumpren hoxe máis que nunca co seu labor de servizo público".

Ademais, o titular da Xunta destacou o "cambio de rumbo" da xestión económica, baseado na aposta pola investigación, o capital humano e o desenvolvemento sustentábel, e destacou tamén a atención prestada ao territorio como "unha das máis relevantes expresións do cambio", co deseño dun urbanismo "feito á medida dos cidadáns". "O crecemento económico non pode sustentarse na depredación dos recursos", mantivo.

Ao respecto, Anxo Quintana opinou que "queda moito por facer", e reivindicou as decisións adoptadas para "levar a cabo un cambio transformador". Así, explicou que os dous exercicios transcorridos permitiron "poñer en marcha os instrumentos precisos para lograr" ese obxectivo e engadiu: "agora imos visualizar, con eses instrumentos, o cambio real".

Feijoo ve "paralización"
"Se o máis positivo para o territorio é paralizalo, dá un perfil do que o Goberno cree mellor", afirmou para Europa Press o presidente do PPdeG. Para Alberte Núñez Feijoo os dous anos da alianza entre socialistas e nacionalistas supuxeron unha "paralización manifesta" e unha "clara ausencia de criterio" que, na súa opinión, está a xerar unha "importante inseguridade xurídica". "Deberían reflexionar", pediu.

Así, segundo Feijoo, a mellor análise da lexislatura é "a autoavaliación específica que fai o propio Goberno". "O PSdeG leva dous anos dicindo o mesmo: que o BNG é Goberno pola mañá e oposición pola tarde; e o BNG que os outros non teñen interese en medidas que melloren a competitividade, que non teñen proxecto e que non lles interesa Galiza", analizou. Por isto, dixo considerar que "dende fóra", a percepción é "moi decepcionante" debido á "enorme parálise" que, na súa opinión, desencadeou a dedicación de "dous terzos do tempo" a coidaren a súa relación. "Saben que necesitan manter o seu proxecto para seguir no poder", indicou Feijoo.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: