Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segue a acción contra Reganosa

Soan as cazolas en apoio dos veciños pechados en Mugardos

Desde o peirao mugardés saíu este domingo unha marcha cidadá que camiñou até á porta da Casa do Concello, onde hai unha semana que se encerrou un grupo de veciños.

Redacción - 09:30 30/07/2007

Este luns, os veciños suman unha semana desde que o pasado 23 de xullo decidiran iniciar un peche no Concello de Mugardos en protesta polas dificultades para accederen a información sobre o plan de emerxencia da planta de Reganosa.

Organizados a través da plataforma de veciños O Cruceiro, hai xa anos que presentaran alegacións ao proxecto, alertando de que a regasificadora se estaba construíndo apenas a 80 metros da casa máis próxima.

En convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia, cazolos, tambores e gaitas soaron este domingo no lugar en apoio da mobilización.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: