A semana pasada rebordou todas as nosas expectativas: vinte novas pezas! Ante tal entrada masiva de cancións, hai sete días máis para poderdes escoitalas, comentalas e votalas.
O xurado desta edición de A Polo Ghit!, integrado pola xornalista María Yáñez, Noel Feáns, artífice da plataforma A Regueifa, o músico Luís Queimada e Xavier Campos, como representante do IGAEM, escollerá este sábado 4 de agosto os posíbeis ghits. Calquera destes finalistas pode ser o afortunado que viaxe a Cuba e herde de Pulpiño Viascón e o seu In the Ocean o grao de "ghit" do verán. Saberémolo o 18 de agosto.
Este ano, debido á saturación dos últimos días (en ocasións por problemas técnicos ao acumulárense tantas cancións, outras por chegaren xa fóra de prazo), foron moitas as cancións que quedaron fóra. Para o ano agardamos solucionar os problemas que experimentamos na recolla de cancións, pero tamén propoñemos que as cancións sexan enviadas canto antes para evitar colapsos de última hora.