Asumindo a convocatoria de Causa Galiza para este mércores, a Frente Popular Galega chama a "camiñar amodo para fortalecer esta vía recentemente aberta".
"Ábrese agora unha nova vía á comunicación entre as forzas da esquerda nacionalista. A manifestación unitaria deste ano, é un primeiro paso. Na honestidade, na seriedade e na responsabilidade de todos e todas está que non sexa o último", propoñen desde a FPG.
No manifesto que a formación fai público con motivo deste Día de Galiza postúlanse "en favor dunha harmonía real entre natureza e progreso" e destacan especialmente a reivindicación de SOS Courel, "trasunto daquela chamada para a defensa do mar que fora Nunca Máis" e chaman na defensa do medio ambiente.