Uxía parte da tradición galega e ao tempo reinventa os sons da lusofonía, mesturando ritmos de todas as beiras do Atlántico, fusionando a esencia de Portugal, Brasil, Cabo Verde...
Este disco ten un recendo a océano en que conflúen tradicións, dende a soidade da Costa da Morte ao compás dos tambores de Cabo Verde. Nace do contacto con xentes e artistas de culturas afíns, e destila un único perfume que funde fado, alalá e morna.
Uxía embarcou neste proxecto a Paulo Borges, nativo das Azores que levou o temón e recolleu dende esa privilexiada situación os ventos musicais do Atlántico: o tamén açoriano Zeca Medeiros, as voces de Tito Paris e
Sara Tavares,
Júlio Pereira,
Jon Luz, Guadi Galego, Manecas Costa,
Ugia Pedreira, Quim Farinha, de
Berrogüetto, Filipa Pais,
Xabier Díaz, Santi Cribeiro,
Eneida Marta,
João Afonso, Anxo Pintos, Amélia Muge,
Paulo de Carvalho,
Rui Veloso,
Sérgio Godinho... Todo gravado nos estudios Vale de Lobos, comandados por Rui Guerreiro, que neste venres acollen a estrea desta explosión de sons nunha audición.