Do 2,4% no curso 2005-2006, brinca ao 3% sobre o total no que acaba de rematar. Un total de 10.500 rapaces. A nivel estatal a media queda nun 8,5%.
A porcentaxe segue a ser das máis baixas do Estado / Foto: concellode cariño.org
A baixa taxa de inmigración que de momento ten Galiza con respecto a outros puntos do Estado reflíctese tamén no número de cativos chegados de fóra que cursan estudos nas escolas do país. No último curso foron 10.500 escolares en Primaria e Secundaria, o 3% do total.
O curso anterior a porcentaxe de alumnado estranxeiro era do 2,4%, en total 9.164 rapaces, índice só maior que o de Estremadura, onde daquela se chegaba só ao 2,1%. A provincia de Pontevedra acumula o maior número de cativos escolarizados fillos de inmigrantes. En todo o Estado son 608.040 cativos os escolares chegados da inmigración, o 8,5% do total.