Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NOTRABAJO.COM, REDE SOCIAL PARA PARADOS

Cada vez máis persoas presentan o seu currículum vitae por internet

A busca de traballo 'on line' é unha tendencia que medra. Os expertos recomendan actualizar os datos periodicamente.

Redacción - 12:36 17/07/2007

NoTrabajo.com preséntase como "unha rede social de intercambio de experiencias do colectivo de persoas que non traballan", pero ten contidos de interese tamén para quen aspiren a cambiar de empresa e profesionais interesados na actualidade dos recursos humanos e o mercado de traballo.

A web leva tres anos funcionando como un proxecto sen ánimo de lucro e financiado con publicidade a través de banners, anuncios de Google e algúns servizos dispoñibles, pero case a totalidade dos accesos son libres e gratuítos, sen necesidade de rexistro previo nin de proporcionar datos persoais.

O currículum chega á persoa correcta, é menos custoso, demanda menor tempo, os solicitantes poden verificar que a información chegou e os seus datos están dispoñibles para vacantes en todas as áreas da compañía que lles interesa. Ademais, os candidatos poden actualizar o seu perfil cando o desexen e, as empresas están seguras de que os candidatos contan con certas habilidades, como o manexo do pc e a navegación pola web.
A fin de webs como NoTrabajo.com é facilitar o acceso dos parados ao mercado de traballo e para iso recompila todo tipo de sitios e ferramentas dispoñibles en Internet, prensa e entidades públicas e ofrece consellos úteis na busca de emprego. Os colaboradores do sitio non cobran polo seu traballo na web nin están vinculadas directa ou indirectamente a ningunha empresa ou entidade.

Entre outros contidos de interese, a páxina conta cun amplo listado de enlaces para empresas e entidades que ofrecen emprego en España e noutros estados e e-mails de máis de 6.000 empresas españolas para para presentar unha candidatura voluntaria ós servizos de recursos humanos e bolsas de emprego, así como formularios de envío de curriculums e ofertas publicadas polas compañías e unha selección de headhunters. Así mesmo, pódese consultar unha sección que asesora acerca de como buscar traballo por Internet e que pode facer un candidato para se diferenciar e ser atractivo buscando emprego na rede e as empresas interesadas poden publicar ofertas de traballo na mesma páxina.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: