Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Propoñen crear un rexistro xeral de obstetras obxectores

A Ordem dos Médicos salienta fallos na lei do aborto

Láiase de que non a consultase o Ministério da Saúde para elaborar un rexistro do persoal médico que se acolle á obxección de conciencia para non practicaren abortos.

Redacción - 14:08 16/07/2007

Este rexistro sería necesario para evitar que o persoal obstetra que fai obxección de conciencia para non realizar abortos nos centros de saúde públicos os fagan no sector privado. Pedro Nunes, "bastonário" ou presidente da Ordem, afirma que se non organizou este rexistro é para evitar as acusacións de promoveren a obxección. Considera que é responsabilidade do ministerio facelo.

A lei de regulación da interrupción voluntaria da gravidez (IVG), que entra en vigor este luns, non contempla a necesidade dun rexistro xeral: prevé rexistros locais en que cada persoa que queira obxectar debe entregar un documento asinado a quen leve a dirección clínica de todos os estabelecementos de saúde onde preste servizo. Nunes proporá no Conselho Nacional Executivo da OM, que se reúne este martes, a creación dun rexistro xeral.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: