Esta festa, declarada de interese turístico celebrará o domingo o día grande, se ben, xa desde o venres se veñen realizando entrenamentos e, na xornada do sábado, a volta de clasificación para o gran día. Madeira e pilotos contra o duro asfalto muradán.
Cun máximo de tres metros de longo, un e cuarto de ancho e a madeira como material, a pericia terá que inspiar a creadoras, creadores e pilotos para fabricaren un vehículo que lles permita chegar á meta. Poderá inscribirse calquera que presente unha carrilana das características indicadas, ás que se engaden un diámetro máximo das rodas de 45 cm. Estas poderán estar recubertas de goma, aínda que sen aire.
As pistas deste circuíto serás as testemuñas de moitos accidentes, pero o importante, nesta festa declarada de interese turístico, é a diversión e a posta a proba da imaxinación. Así, xa desde o venres, poderase entrenar cos vehículos e o sábado realizaranse as voltas clasificatorias para o domingo. Dependendo dos tempos, estableceranse as carreiras lentas, para os rapaces e rapazas e as carreiras rápidas, para os adultos.
Velaquí o vídeo dun descenso, non por antigo -é do 2003- menos interesante: