Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
En Caldas, 13 e 14 de xullo

Concertos quentes para a fin de semana

Asian Dub Foundation, Galegoz, Sex Museum ou Elodio y los Seres Queridos son parte do espectacular cartel do Cultura Quente deste ano.

Redacción - 11:40 12/07/2007

Na vila das termas, algo máis cá auga ferve todos os veráns... Manifestación artísticas de todo tipo concéntranse estes días arredor do Umia, no X Cultura Quente. Xa deron comezo o día 29, coa mostra sobre a cultura do viño, que rematou o domingo, e a feira do mel. Dende o luns estiveron expostas as instalacións da mostra Kaldarte, e, como apoteose final, esta fin de semana teñen lugar os concertos na carballeira.

Nesta décima edición do festival, os concertos abranguen todos os estilos e procedencias: este venres, o escenario Estrella Galicia acolle a actuación da banda liderada por Luís Tosar, The Ellas, da banda londiniense Asian Dub Foundation, coa súa explosión de música electrónica e ragga. Máis electrónica e fusión con Nortec Collective, dende Tijuana, ou o experimentalismo dos Dismal, ademais de Analis Dj e os dilleis da Reixa. No escenario MySpace, o rock clásico da man das francesas Fancy, o dúo tamén galo Gong Gong, e o seu xogo entre o rock e a electrónica. os nosos Galegoz co seu Galician Chimpanzee, o trío finlandés Morley e a mestura de folc, pop e country do irlandés Garrett Wall.

Xa o sábado, contaremos coa banda de rock Kula Shaker, ou a ollada crítica sobre o britpop, o pop vigués de Ectoplasma e Elodio y los Seres Queridos, o sueco Jay Jay Johanson, co seu trip hop experimental, ademais de Isra DJ e Lagartija DJ no Escenario Estrella Galicia. O escenario MySpace preséntase punk esta noite, cun auténtico mito: Marky Ramone, batería da banda pioneira do punk rock entre o 78 eo 87. Tamén o quinteto madrileño Sex Museum, o indie pop dos galego-cataláns Cat People e o trío biscaíño The Zodiacs pechan o Cultura Quente. Ademais, como sorpresa de última hora, a organización conseguiu confirmar a presenza da banda londiniense White Rose Movement, entre as tres e catro da mañá do sábado.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: