Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sabor celta na última xornada

Irlanda, Escocia e Galiza despiden este domingo o Festival de Ortigueira

Dervish, a Scottish Power Pipe band, Mercedes Peón e Milladoiro póñenlle punto e final a edición deste ano, a partir das 22.00 horas.

Redacción - 12:30 08/07/2007
Eric Rigler & Bad Haggis, este venres / Foto: javierly (Flickr)

Eric Rigler & Bad Haggis, este venres / Foto: javierly (Flickr)

O Festival de Ortigueira 2007 finaliza este domingo con dúas propostas galegas como cabeza de cartel. Tras sete anos de ausencia, Milladoiro volve aos escenarios da capital do Ortegal, onde tamén estará Mercedes Peón.

Os escoceses Scottish Power Pipe band e os míticos Dervish de Irlanda completan a oferta musical para a noite deste domingo, con representantes de tres das nacións celtas do Atlántico, que darán comezo á conta atrás para a edición 30 aniversario do Festival.

O sábado non fallaron as previsións: agradou Sur ar su; sorprendeu o poder de Kroke que abriu camiño para o arrase de Kepa Junkera; e os noveis Bellón, Maceiras e Álex Blanco conseguiron cos seus amigos manter a praza en pé.


4,6/5 (5 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: