O Consello da Xunta autorizou a construción, que terá un custo de 300 millóns de euros
O presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, asegurou este xoves que o corredor vial da Costa da Morte vai servir para rematar co “illamento hsitórico” das bisbarras de Bergantiños, Soneira e Fisterra. O executivo prevé que as obras da estrada de alta capacidade estean rematadas ao longo de 2010. En total invístense 300 millóns de euros.
A infraestrutura é unha vella demanda dos municipios da Costa da Morte que sempre se queixaron da mala comunicación coa vila de Carballo. A estrada, que dependerá dunha concesionaria, servirá para artellar as comunicacións das tres comarcas que conforman a Costa da Morte. Porén, o obxectivo último é que este vial acabe sendo unha autovía mais para isto o Goberno calculan que terán que pasar once anos aínda.