Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Mundial de vela olímpica

Os galegos Paz e Echavarri xa están a un pasiño do podio

O dous regatistas subiron na cuarta feira dous postos e xa son segundos de Tornado no Mundial de Cascais, que para esta clase finaliza a vindeira segunda feira.

Redacción - 10:51 05/07/2007

Na xornada da cuarta sopraba o vento a 17 nudos de compoñente Norte na bahía de Cascais: era a famosa Nortada, que favoreceu os intereses galegos neste Mundial, onde compiten 31 tripulacións do Estado, tentando conseguir a pasaxe olímpica en cada unha das once categorías.

Na segunda xornada de competición o obxectivo dos dous galegos da clase Tornado xa é case realidade, xa que Paz e Echavarri, campións do mundo hai dous anos, conseguiron rubir até o segundo chanzo do podio cun triúnfo na primeira manga do día. Agora están a oito puntos do líderes da táboa, os belgas Carolijn Brouwer e Sebastien Godefroid.

Un bo golpe de timón
Foi o que deron o coruñés "Chuny" Bermúdez e o cántabro Pablo Arrarte, na clase Star, marcando un 4 e un 14 nas dúas probas da xornada, o que lles permitiu escalar 13 postos, até a posición 28.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: