Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
De entre 15 e 19 anos, segundo Sanidade

A metade dos adolecescentes din que xa practican o sexo e que teñen unha media de catro parellas ao ano

O 39% dos mozos galegos desta idade mantén relacións sexuais 'de risco'

Redacción - 18:23 04/07/2007
Os centros Quérote achegan información e asesoramento sobre sexualidade

Os centros Quérote achegan información e asesoramento sobre sexualidade

O director xeral de Saúde Pública, Ramón Medina, manifestou esta cuarta feira que o 39% dos mozos de entre 15 e 19 anos recoñece que mantén prácticas sexuais 'de risco', e lembrou que o 50% de rapaces comprendidos entre estas idades xa tivo relacións algunha vez, adiantándose a súa idade de inicio, e unha media de catro parellas ao ano.

Medina revelou estes datos no acto de entrega dos premios webquest, actividades de ensino sobre educación afectivo-sexual baseadas na internet, a profesores de infantil, primaria e educación secundaria.

Vou ter un irmán!, mais como?
de Belén Vázquez e Así nacemos de 'Felo' foron os premiados na categoría de infantil e primaria; mentres que Amar na diversidade, vivir na igualdade de Marcelino Veiguela e Esther Mato e E agora que? de Cristina Sacristán, gañaron en ensino secundario. Os primeiros premios por cada categoría consisten nun ordenador portátil e os segundos nunha PDA.

Sexualidade satisfactoria e responsábel
Os contidos destas páxinas de ensino abranguen cuestións como a prevención de infeccións de enfermidades de transmisión sexual e do embarazo non desexado; previr o sexismo, a homofobia e á violencia; ademais de fomentar a aceptación da diversidade.

Trátase de incidir na dimensión da construción da identidade persoal, dos afectos e emocións, e da igualdade entre homes e mulleres, así como conseguir que a xuventude do país teña unha vivencia da sexualidade "satisfactoria e responsábel", segundo se indicou dende a Consellería de Sanidade.

Neste senso, Medina indicou que o Plan de Saúde 2006-2009 e o Plan de Atención Integral á Saúde da Muller recollen como prioridade a educación afectivo-sexual e salientou "a importancia de diminuír as enfermidades de transmisión sexual e embarazos non desexados".


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: