Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACORDO COS MERGULLADORES

As navallas e os longueiróns de Fisterra terán a marca de 'Galicia Calidade'

A distinción aparecerá nos produtos que se extraen do fondo mariño coa técnica da apnea.

Redacción - 16:55 04/07/2007

A Consellaría de Innovación e Industria anunciou este mércores que as navallas e longueiróns de Fisterra van estar amparados pola marca 'Galicia Calidade'. O distintivo recollerá o produto que sexa capturado por mergulladores coa técnica da apnea.

Dende o departamento da Xunta salientan que se trata dunha pesca ecolóxica que “ademais de respectar o medioambiente mellora a calidade dos artigos e permite unha explotación sostíbel destes recursos mariños”.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: