Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
MALTRATO ANIMAL

Os organizadores do campionato do tiro ao pombiño están a incumplir as condicións de autorización do evento.

Este ano, tras unha ampla polémica social, a Consellería de Medio Ambiente e a Subdelegación de Goberno deu a autorización á Federación de tiro ao vuelo e aos promotores hosteleiros de A Toxa (Hotel Hesperia) para a celebración do “Campeonato de Tiro al pichón” nos días 6 ao 15 de xullo.

Colectivo Ecoloxista do Salnés - 14:08 03/07/2007
limpeza de pertigóns organizada polo CES no 2006

limpeza de pertigóns organizada polo CES no 2006

Máis esta autorización comprometía aos organizadores a cumplir uns requisitos que a Consellería de Medio ambiente impuxo:

- a substitución da munición de chumbo por outra (de porcelana ou de aceiro),
- instalación de pantallas protectoras eficaces, para evitar a caída de perdigóns ao intermareal do Humedal Protexido Umia- O Grove, onde non se pode empregar a caza con perdigóns de chumbo..


Nembargantes os promotores a día 2 de xullo de 2007, mediante unha nota de prensa manifestaron que  empregarán munición de chumbo e que o único que farán é presentar a nova munición “ecolóxica”.

Por isto o CES considera que estan incumplindo, denantes mesmo de empezar co campionato, as condicións da autorización provisional que lles concederon as administracións competentes, poñendo así en evidencia, un ano máis, o pouco respecto que a “Federación de Tiro al vuelo” e os coorganizadores teñen polas leis e a autoridade administrativa.

Así, o CES solicitará mediante un escrito á Consellería de Medio Ambiente, que lle retire a autorización concedida por incumplimento das condicións. No caso de que o campionato se faga igualmente solicitamos que se lles sometan a vixiancia exhaustiva no que respecta á caída de perdigóns de chumbo ao humedal protexido e se proceda á emitir as sancións convintes e á reparación ambiental do entorno.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: